Fiummmmm!
Se ben non coincido en absoluto co movemento futurista, nin nas súas teses ou plantexamentos vitais, nin nos artísticos, hei de dicir que o seu espírito de amor á velocidade venme ao pelo para o minipost de hoxe, ilustrado co cadro de G. Balla: Velocità di motocicletta.

O proxecto de lecer do que falaba no post anterior vai cara adiante e xa temos algo en marcha, pero como dicen os artistas non digo nada que 'igual se fastidia', así que cando estea algo máis avanzadiño irei contando. Pero entre as reunións coa nacente asociación, o choio, o carné e a visita da miña irmá á Feira do Teatro en Compostela, non dou feito e non paro na casa mais que para durmir.
Por certo, case cae o Principal cos aplausos para esta montaxe deliciosa dunha compañía formada por un galego e dous alemáns. Teatro xestual, para o que non era precisa nin unha soa palabra, corpos que expresaban todo e unhas máscaras que parecían vivas, maxia pura na que os tres actores se multiplicaban po 10 nas táboas, se tendes ocasión de vela por aí non a perdades.
E dixen que ía ser breve e así é...mañá será outro día, un día fantástico no que a xornada laboral de verán dará paso a novas expectativas e a unhas prometedoras tardes cheas de tempo ...libre???

7 Comments:
E a velocidade no coche que tal se leva? Ánimo co da asociación, que entre ti mailo xeógrafo estádesme dando ganas de rolear.
Un bico.
Que sexa con moita sorte! a ver se todos os blogueiros tamén volvémonos roleiros!
Custa un pouco adaptarse Besbellinha, pasar das pernas a ir sobre rodas ten o seu aquel, supoño que cando me vexa conducindo cara á praia vereille o proveito.
Torredebabel o do rol é un xeito tamén de contar historias, non? Os directores dunha partida, non deixan de ser contacontos...o rol e a literatura van da man. Iso é só unha das cousas que queremos facer chegar á xente coa asociación que está nacendo.
Unha apreta
Que pouco me gustan as prisas!!!.
Ademáis de que é totalmente insano, logo remata e chegará a calma e haberá tempo para todo...
Unha aperta (ainda acelerada).
;)
O tempo libre é unha desas cousas escasas polas que, quizaves, valla a pena existir. Non polo non-facer en sí, senón polas oportunidades que xera de aprender e disfrutar, cousas que soen ir intrínsecamente unidas.
¡Aproveita os horarios, entón!
Canto ao Futurismo, ten unha estética seductora, sen dúbida. O culto á máquina e ao progreso tornouse algo menos inxenuo co devir do século 20 -non é sorpresa, vendo para qué empregábamos as máquinas- ata chegar ás negras tecno-distopías do ciberpunk...
A miña aposta, polo Futurismo Ruso, máis descoñecido pero globalmente moito mellor ao meu gusto que o italiano (e non só no aspecto ideolóxico).
Saúdos
M.
ola Jan, andas por ai? botoche en falta...
Grazas Torre de Babel, non vira esta mensaxe...
Grazas pola lembranza
Enviar um comentário
<< Home