Soños de Delft

"Despois de ver nun museo da Haia unha Vista de Delft souben que vira o cadro máis fermoso do mundo" ("A prisioneira" de Marcel Proust)

4.5.06

Tirando

Levo dúas semanas que máis que tirar eu pola vida, a vida tira por min, e ao chegar a casa estou tan cansa que poñerme diante do ordenador, despois de estar xa no choio oito horas diante del, fáiseme unha tarefa colosal.

Hoxe mesmo a espalda é un nó, que parte da metade da mesma e chega case aos ollos-en forma de bágoas que non chegan a asomar-, e nin as droghas fan efecto, así que vou ser moi breve...


Esta longa e produtiva fin de semana ademais de ver a amigos, pais e demais familia, o Xeógrafo Breogán e máis eu fumos ao Castro de Baroña e a ver o Dolmen de Axeitos, un pequeno "tripi" como di el, un día soleado de paseos, descobrementos e total relax...





Xusto arriba e xusto abaixo deixo un par de imaxes, curiosidades e "brincadeiras" que ten a mai natura...

11 Comments:

Blogger besbellinha said...

Jan, a ti facíache falla un balneario. Pronto chega a fin de semana, estírate, dalle caloriña e descanso aos músculos e se tes quen che dea unhas freguiñas mellor que mellor. Saúdos pintora :) e recupérate das dores pronto.

9:06 PM  
Blogger Ghanito said...

Por dar algún consello, que non sei se virá ben ou estará xa de mais:
¿revisaches o xeito que sentas no traballo? Se xuntas ás tensións propias dalgúns traballos unha mala postura o efecto pode ser destragador.

10:10 PM  
Blogger Jan said...

Moi bos consellos os dos dous, o do balneario polo momento non vai ser posible, pero o das fregas e a caloriña espero que si.

Ghanito tes toda a razón do mundo co das posturas no traballo e co da tensión e procuro correxilas sempre que me dou conta, pero pasa media hora e xa estou mal sentada outra vez...como se di por aí son un cú de mal asento, e neste caso é literal.

Unha apreta e grazas polos agarimos.

10:48 PM  
Blogger el niño de la guía said...

Sempre pode mercar o shiatsu esse da teletenda :D

9:40 AM  
Blogger Marinha de Allegue said...

Recupérate pronto menina linda que temos pendiente un baile.

Unha aperta sanadora.

5:28 PM  
Blogger acedre said...

Xa pasara todo ese problema. Ogalla.
Quen debeu desfrutar co paseo por Baronha debeu de ser o Xeografo buscando ideas para a sua Gaidil.

6:20 AM  
Blogger Jan said...

Moi boa idea o do shiatsu, he, he, pero me parece que polo momento voume ter que conformar cunhas fregas e coa bañeira da casa.

Non esquezo o baile Pícara, eu son como a miña avoa cando bailo se me esquecen todas as dores...a ver se a dor de espalda vai ser de que hai tempo que non boto unha peza! Unha apreta moi forte.

Si que disfrutou , si. El xa estivera , e sempre atopa novas ideas. Gáidil é un ruxe -ruxe contínuo na súa mente...só é preciso que teñan sorte e saia adiante, é un traballo bo, feito con tempo, con moito traballo e cariño, e penso que con calidade d'abondo como para estar nas librarías.

Moitas grazas aos tres polos ánimos. Bicos e apretas.

9:06 AM  
Blogger O Breogán said...

Quédense coas caras das pedras da segunda e terceira foto, se non repararon nelas...

11:46 AM  
Blogger torredebabel said...

poucas cousas máis lindas cos debuxos que fai a natureza sobre pedras, campos, mares ou areas... Que esteas ben!!!

1:44 AM  
Blogger Jan said...

Grazas Torre de Babel. Si que é verdade, a primeira pedra parece a cara dun home sorríndolle ao mar. Quen sabe, igual hai algún espírito agochado nas pedras.

Unha apreta

2:43 PM  
Blogger besbellinha said...

Dios, costoume pero vino ahahaha

1:57 PM  

Enviar um comentário

<< Home