Autos locos (II)
Como dicía a miña nai cando lle preguntaban por qué non sacaba o carné de conducir:
-'Se a estrada estivera toda para min!'

Gran Vía, de Antonio López García
Como na imaxe de arriba tería que estar a rúa para que eu saíra tranquila a conducir. En fin, que ando a voltas co carné , facendo un combinado teórico-práctico que me deixa pra recoller con culler ao rematar o día.
E aproveito as circunstancias para colgar unha pinturiña, que había tempo que non o facía. Non está na listaxe dos 10 favoritos, pero podería...

8 Comments:
pois que sexa con sorte!!! e esa é a mesma frase que digo eu cando me preguntan por qué aprendín a conducir pero non fixen o carné. Apertas!!!
É casualidade - ou foi a posta - que poñas este cadro xusto o día que lle dan a Antonio López o premio Velázquez das artes plásticas?
Eu saquei o carnet en Vigo, no medio do caos circulatorio, do ruido. Ainda agora non entendo como.
Sorte para os exames.
Que che vaia ben co coche e pensa que todo e custion de practica...de practica e un chisco de sorte.
Un saudo.
Hoje vim esta página no concurso de retoque fotográfico do Worth1000 Monster ModRen 4 (Frankenstein meets DaVinci) e lembreime da Jan.
Ánimo moza, espero que teñas máis sorte ca min nos exames prácticos hahahaha pero despois xa verás que gusto e enlazando co sr niño mellor non poñerlle esas caras aos demais conductores porque nun susto deses imos pra cuneta. Bicos!!
Pois non foi a posta para nada Bouzafría, a verdade é que non tiña nin idea. Estes días co lío que teño non me entero nin de en que día vivo, mais obrigada pola info.
Está xenial a páxina, niño de la guía, teño que mirar todas cun pouco de calma, pero son mogollón de coñeiras. O que non atopes ti na rede!!!
Grazas a todos e todas polos ánimos, vounos precisar todos, todos!
Douche tódolos ánimos envoltos en paciencia...
Xa sabes.
Un beijo e precaución amiga conductora.
;)
Enviar um comentário
<< Home