Soños de Delft

"Despois de ver nun museo da Haia unha Vista de Delft souben que vira o cadro máis fermoso do mundo" ("A prisioneira" de Marcel Proust)

22.3.06

Velada irlandesa


Veño dun velorio, calquera diría que este é un feito triste, mais non. Veño de rir a esgalla e de pasalo en grande.

Magnífico texto.

Estupendas, divertidísimas e excesivas interpretacións-nada de negativo neste último adxectivo-, expresionistas, propias da farsa que é,
as veces parecen un cadro de Kirchner-pero en "rústico" como di Catarina, unha das personaxes da obra-.

Un numeriño musical que arrincou o aplauso do público e unha escenografía sinxela pero moi efectiva e unha banda sonora de Tom Waits, que nin pintada!

En resumo un pracer, en todos os sentidos.