O persoal é político

Femmes de tête de Hervé Nisic e Marina Julienne
Elas son 15 privilexiadas do sistema. Tamén 15 máis que mostran unha verdade triste polo que ten de evidente: a diferencia-neste caso como en moitos outros, non só referidos ao xénero-é unha eiva, que moitas veces nin a ciencia pode/quere superar.
Hai verdades que por evidentes non precisan comentarios. 15 científicas europeas-doutros continentes xa nin falamos-contan a súa experiencia vital coa ciencia e a investigación, os atrancos, as soidades e o requetesabido que non se lles pregunta xamais aos seus compañeiros de profesión.
"Está aí, non o ves, pero non deixa pasar..."



4 Comments:
E seguirá existindo tal Teito de Cristal mentres non o rompades en anacos.
Moitos loitamos por unha igualdade, non un "nin pa ti, nin pa min", senón un "entre os dous".
O difícil é atopar a xente cómodamente ancorada no sistema "machista" e, por suposto, tamén nun ideal sistema "feminista". Remítome xente que pensa que a "baixa por paternidade" é unha falacia. Sen baixas de paternidade, cómo facemos para que ninguén renuncie ó seu traballo? Ó final qué é, traballo ou paternidade? Ou ti, ou eu? (ó final as que caen son sempre as mulleres, mágoa)
Por que ten que ser unha dicotomía?
É unha pena.
Porque o sistema está montado así, creado por homes pensado por e para eles. Porque como di o título do post -eslogan lembrado por unha das participantes na mesa redonda posterior ao filme-, o persoal é político.
É o estado quen ten que promover políticas de igualdade, que apoien as persoas-homosexuais e heterosexuais- que queren ter fillos.
Sempre vai a haber renuncias, unhas máis grandes e outras máis pequenas. Penso que esa renuncia debera ser máis unha decisión persoal, que unha obrigfa por falta de medios.
Grazas polo teu apoio compañeiro ;)
Animo nesa luita xusta das mulleres.
Gracias polos animos e e un pracer para min contar cousas destas terras.
Un saudo.
Outro para ti, a min desde logo me está cambiando algo a perspectiva que tiña de aí.
Novamente sorte e ánimo, o traballo está moi "fastidiao" en todas partes, pero ao que busca atopa sempre.
Apretas
Enviar um comentário
<< Home